img 676 236 928
img clubepeniza@yahoo.es
img Lalín, Pontevedra
  • Síguenos en:

Historia

O nome do clube responde ao topónimo duna zona da ribeira do río Arnego no lugar de Pedroso pertencente o Concello de Rodeiro onde se atopa una zona con curiosos bloques de rocha de granito moi concentrados onde resulta axeitada para a modalidade de Boulder, ali atópase a paraxe de A Peniza.

06 - Praderas de Susano.JPG

O Clube de Montañismo A Peniza xurde por medio de un grupo de amigos que compartimos varias saidas a camiñar polas montañas, escalar, etc. nestas saidas onde nos fomos coñecendo mellor, descubrindo as montañas e o mundo do montañismo, foi enton cando xurdiu a idea de organizarnos como grupo para formarnos nas distintas modalidades como Escalada en Rocha, Alpinismo, etc. e asi poder federarnos, compartir esta maravillosa afición de xeito mais seguro e compartila con mais xente interesada. O Clube de Montañismo A Peniza de Lalin constitúese nunha reunión de 12 persoas celebrada no Pavillón de Deportes de Lalin o 23 de setembro de 1994 cando se asina a acta fundacional e rematando dita reunión as 23.00 horas. Inscribese no rexistro de clubes e entidades deportivas de Galicia o 16 de Marzo de 1995 co número 4633.

Iniciamos unha andadura co fin de establecer contactos coa Federación Galega de Montañismo e compañeiros de outros clubes, asistir a conferencias, xornadas, cursos formativos, optar a axudas para adquirir materiais, documentación, libros, manuais, croquis de escalada. Compartir saidas colectivas, competicións, rutas, etc. e asi poder facilitar servicios de utilidade a todo montañeiro interesado.